DÍA MUNDIAL DA RADIO

O día 13 de febreiro celébrase o Día mundial da Radio, desde que o propuxo a ONU no 2012. O obxectivo desta efeméride é facer da radio un medio interactivo que propicie o debate para tratar distintos temas que interesan ás comunidades. Este é un medio que lonxe de esmorecer ten cada día máis vigor. Pola súa inmediatez e diversidade e pola capacidade que ten cos avances técnicos actuais para chegar a lugares remotos.
No instituto estamos moi contentos de ter a posibilidade de facer radio desde o centro, e o 14 de febreiro procederemos a inauguración oficial da radio do IES Sofía Casanova. Desde aquí queremos invitar a toda a comunidade a participar facendo propostas de programas de radio da temática que vos interese. Para organizarnos pedimos a todos e todas que vos apuntedes na biblioteca, comunicando cantas persoas compoñen o programa e cales son os obxectivos , o tema elixido e a duración aproximada. Tamén queremos dotar a nosa radio dun logotipo para o que temos convocado un concurso, como podedes ver nos carteis dos corredores e que vos deixamos aquí para poder consultar as bases de participación e os prazos de entrega.

Por outra banda, queremos informar que para o Día Mundial da Radio 2022 e máis dun século de radio, a UNESCO vén de propoñer tres ideas nas que incidir:
1.- Confianza no xornalismo radiofónico. Faise un chamamento á ética xornalística para manter e aumentar a confianza dos oíntes
2.-Confianza e accesibilidade. Pídeselle á radio que atenda ás necesidades informativas de todos os oíntes incluídas as persoas con discapacidade.
3.-Confianza e viabilidade das emisoras de radio. Deben ser sostibles en termos financieiros e para iso deben atraer e reter a unha cantidade suficiente de oíntes.
Con este motivo o Grupo de Ecolas pola Radio. que colaborou para que poidésemos montar a nosa fainos a seguinte proposta que podedes leer picando na imaxe.


Animádevos a participar que estamos seguros de que ides sobrados de talento e enxeño. Deixamos aquí un vídeo coa historia da evolución da radio.