Este é o primeiro progama que publicamos feito polo noso alumnado de 4º da ESO para a inauguración da radio do Sofía Casanova, que se fixo de xeito simbólico o Día 14 de febreiro, pois o día 13 (que caeu en domingo) era oficialmente o Día da Radio. Con este motivo, Álex Armán fai de narrador dalgunhas aportacións relevantes á Historia da Radio (acompañando ó piano coa peza musical "Preludio e fuga nº5 -libro I-" de Bach); van narrando Gonzalo Fernández, Adrián Díaz, Daniel Gómez e Diego Sánchez. Deixamos aquí o podcast para que podades desfrutar deste estupendo traballo. Parabéns rapaces!