8 DE MARZO 2022 DÍA DA MULLER NA MÚSICA

Este 8 de marzo do 2022, para celebrar o Día da Muller, o noso grupo da Radio do Sofía, tenta facer visible o traballo das mulleres en distintas áreas; por este motivo, Álex Armán, o noso pianista de cabeceira, quere presentarnos a Marie-Juliette Olga, máis coñecida como "Lili" Boulanger (París, 1893 – 1918). Ela foi unha compositora francesa de recoñecido talento que lle levou a ser a primeira muller en acadar  o "Premio de Roma",  unha beca que o goberno francés concede ós estudantes de arte e co que gañou un contrato dun ano coa editorial de música clásica "Ricordi".

Se tedes curiosidade, podedes escoitar o podcast que vos deixamos aquí no que Álex explica os aspectos máis relevantes da súa vida e interpreta unha peza da autora, titulada: D’un vieux jardin (1914).