8M, ROSA PARKS

Este curso entre as moitas actividades que está a desenvolver o alumando do noso instituto queremos ir publicando aquelas que foron feitas na nosa radio escolar desde numerosas áreas do currículo. Hoxe publicamos o podcast que fixeron Alejandra e Laura de 4º da ESO para poñer en valor a sinxela ación dunha muller que viña cansada do seu traballo e que co seu simple xesto desecadeou unha tormenta de reacións, convertíndose así nun símbolo da loita das mulleres polo los dereitos de todos. 
Rosa Louise McCauley Parks, coñecida como Rosa Parks, naceu no 1913 en Tuskegee, Alabama, e finou o 24 de outubro de 2005 en Detroit. Foi unha muller de raza negra, que ó negarse a ceder o seu asento nun autobúsa unha persoa de raza branca, foi encarcerada pola súa conduta, acusada de perturbar a orde. Esta suceso ocorreu o 1 de decembro de 1955 dando pé ó comezo da protesta contra a segregación racial nos Estados Unidos. Ela foi unha destacada activista polos dereitos civís, participando neste movemento como secretaria na Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor.