Día da muller, 8 de marzo

 


O grupo de voluntariado da Biblioteca do IES Sofía Casanova, escolleu unha lectura do prólogo que escribiu unha  compañeira do club, Sofía Cendán, para a publicación do libro de unha xove autora, do que falaremos máis adiante. Neste prólogo Sofía reflexiona unha vez máis sobre certos aspectos da violencia diaria que seguen a sufrir as mulleres polo feito so de ser muller.